E por fin coñecimos aos nenos/as da "clase lila".
Hai como dous mesiños escribíronnos os nenos e nenas do CEIP San Marcos de Abegondo (A Coruña). Querían saber que fora do profe Diego, e tamén que lles contásemos cousas do noso cole e de Marín.
Fíxonos moita ilusión, así que decidimos contestar esa carta. O resultado desta "relación epistolar" foi unha videoconferencia, e por fín puidemos ver a cara destes nenos/as e da súa profe, Ana. Iso sí, tiveron que quedar coas ganas de escoitarnos, porque tivemos un fallo co son e non houbo maneira de arranxalo.
Pero como pensamos seguir comunicándonos para o curso que ven, xa terán tempo de saber o ben que berramos (jajajaja).
Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Se vos tamén queredes coñecelos, podedes visitalos en: http://purple-pitinhos.blogspot.com.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario