9 may 2012

CONCERTO DIDÁCTICO

Hoxe comeza a Semana Cultural, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas (podedes ver o programa na páxina web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdalaxe/ ).
E que mellor comezo que con música tradicional. Guillerme Ignacio e Miguel Sotelo explicáronnos instrumentos e pezas da nosa tradición. Pero ademais de aprender tamén houbo tempo de cantar, bailar e regueifar. Sí, os alumnos de segundo, con Mabel e Antonio, cantáronnos unha regueifa divertida e moi "rifada".
En fin, pasámolo en grande. E isto só é o comezo.












Máis información no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: http://galegolaxe.blogspot.com.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario