Sabíamos que había nenos/as que non poden oír nin falar, pero como fan para se comunicar?
Esta dúbida solucionóunola Dolo, a nai de Leire, que hoxe veu a facernos unha visita. Con ela experimentamos como sinten un neno ou unha nena xordos, aprendemos algunhas palabras en lingua de signos, cantamos unha canción signada e pasámolo en grande buscando as palabras/signos "barco" e "Pontevedra".
A visita gustounos moito, pasámolo moi ben e aprendemos un montón de cousas, e ademais tróuxonos de agasallo un taco de plastelina para cada un.
Moitas grazas Dolo.
Esperamos a máis pais, nais, avós, avoas, ... que se animen a facernos unha visitiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario