Hoxe á tarde paseime polo Salón do Libro e quedeime a ver "As manoplas de Carapuchiña".
Encantoume.
Unha forma diferente de abordar un clásico, fuxindo de tópicos e estereotipos, onde os lobos non son tan feros como os pintan e as Carapuchiñas son máis valentes do que aparentan. Unha naración cómplice cos nenos/as envolta na maxia das palabras, cancións e a música do Seminario Permanente de Jazz.
Ademáis, é un conto que xa coñecemos e nos gustou moito.
Anímovos a que vos pasedes por alí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario