24 nov 2011

IMOS AO TEATRO

Que mellor maneira de pasar a mañá que na compaña dos personaxes dun dos contos populares máis coñecidos. Hansel, Gretel, a madrastra, a bruxa e máis o narrador fixéronnos sorrir, cantar, aplaudir, sorprendernos e pasar un chisquiño de medo arredor dunha casa do máis saborosa.




Esta viaxe foi unha fantástica oportunidade, para coñecermos o teatro, dármonos conta do divertido que é, e como non, pasar unha estupenda hora da "merenda" brincando no parque do Castro en Vigo.
A ver se repetimos pronto...





No hay comentarios:

Publicar un comentario